Fokker F.VII
Fokker F.VII | |
---|---|
Tipo | pasaxeiros e transporte militar |
Fabricante | Fokker |
Primeiro voo | 24 de novembro de 1924 |
Estado | retirado |
Produción | 1925 - 1932 |
Variantes | Fokker F.10 |
O Fokker F.VII, tamén coñecido como Fokker Trimotor, foi un avión de pasaxeiros producido nos anos 20 polo fabricante neerlandés Fokker, a súa filial estadounidense Atlantic Aircraft Corporation, e outras compañía baixo licenza.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O Fokker F.VII foi deseñado por Walter Rethel como un avión de transporte dun único motor. Fabricáronse cinco unidades para a aeroliña neerlandesa KLM. Un destes avións, con rexistro H-NACC, usouse en 1924 para o primeiro voo entre os Países Baixos e as Indias Orientais Neerlandesas. En 1925, mentres vivía nos Estados Unidos, Anthony Fokker escoitou falar da Ford Reliability Tour, que foi proposta como unha competición para avións de transporte. Fokker fixo que o deseñador xefe da compañía, Reinhold Platz, convertise un F.VIIa monomotor nun avión con tres motores radiais Wright Whirlwind de 200 cv. O avión resultante foi designado Fokker F.VIIa/3m. Tras o seu envío aos Estados Unidos gañou a Ford Reliability Tour a finais de 1925. A estrutura do Trimotor estaba formada por unha fuselaxe de tubaxes de aceiro cubertas por tea e unha á de madeira con revestimento de contrachapado.[1]
O Fokker F.VIIb/3m tiña un pouco máis de superficie nas ás con respecto ao F.VIIa/3m e 20 cv máis de potencia por motor, mentres que o F.10 era lixeiramente máis longo e transportaba 12 pasaxeiros nunha cabina pechada. O avión foi popularmente coñecido como o Fokker Trimotor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Thurston, David B. (2000). The world's most significant and magnificent aircraft : evolution of the modern airplane. Warrendale, Pa.: Society of Automotive Engineers. ISBN 978-0-7680-0537-0. OCLC 43555270.